More Songs About Buildings and Food é o segundo álbum da banda estadounidense de New WaveTalking Heads, o primeiro dunha cadea de tres co-producidos por Brian Eno. O disco foi significativamente máis popular que o seu primeiro traballo, Talking Heads: 77. A mestura dun baixo "funky", e influencias bubblegum, country, reggae e punk, coa distintiva voz de David Byrne, estableceron á banda como un éxito de crítica coñecido polos seus concertos, pero aínda cunhas decepcionantes cifras na venda de discos.
More Songs About Buildings and Food foi publicado o día 21 de xullo de 1978. Chegou ao número 29 da lista Pop Albums da Billboard estadounidense. O seu único sinxelo, unha versión do éxito de Al Green "Take Me to the River", acadou o posto 26 na lista Pop Singles en 1979.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 10 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[1]